Tech/News/2023/23
Appearance
From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
This page is a translated version of the page Tech/News/2023/23 and the translation is 93% complete.
Os resumos semanais das Noticias de Tecnoloxía axúdanlle a manterse actualizado sobre os recentes trocos de programas que poden ter consecuencias para vostede e os seus compañeiros Wikimedianos. Subscríbase, contribúa e deixe comentarios.
Other languages:
Noticias técnicas: 2023-23
As últimas novas de tecnoloxía da comunidade técnica de Wikimedia. Difunda estes cambios entre os usuarios. Non todos os cambios che serán relevantes. Hai Traduccións dispoñibles.
Cambios recentes
- A extensión RealMe permite marcar como verificadas as URL da súa páxina de usuario, para usar con Mastodon e programas semellantes.
- Xa se poden modificar as citas e notas dende a lista de referencias ao usar o editor visual. Isto fora a 2a mellora máis votada na Enquisa de Desexos da Comunidade de 2023. [1]
- Arranxouse un fallo que podería modificar as preferencias de «Group results by page» ao premer na ligazón de Cambios Recentes doutro usuario con filtros aplicados á URL. [2]
Problemas
- Algunhas ferramentas e robots devolveron información antiga durante varios días por mor de problemas ao actualizar as bases de datos, e pode que non funcionasen durante os arranxos. Todos os fallos deberían estar xa resoltos. [3]
Cambios a finais desta semana
- A nova versión de MediaWiki estará dispoñible nas wikis de proba e en MediaWiki.org a partir do 6 xuño. A partir do 7 xuño tamén estará dispoñible en wikis externas á Wikipedia e en algunhas Wikipedias. A partir do 8 xuño xa estará dispoñible para todas as wikis (calendar).
- Xa non se impedirá que, por mor de coincidencias coas URL na lista negra de spam, os robots poidan realizar modificacións. [4]
Tech news preparado por Tech News writers e posteado por bot • Contribute • Translate • Get help • Give feedback • Subscribe ou unsubscribe.