Texto traducido
Preséntome coma candidato para o Board of Trustees co obxectivo de defender a igualdade nos dereitos lingüísticos. Debemos intentar atopar un xeito polo que calquera persoa de calquera proxecto, que fale calquera lingua, poida participar en discusións e decisións. Lamentablemente, hai debates e decisións importantes que se levan a cabo en inglés americano, facendo que aqueles que non son bos falantes desta lingua non poidan tomar parte. Faise necesaria unha perspectiva e un multilingüísmo verdadeiros, fornecido por unha lingua auxiliar internacional e neutra, como pode ser o esperanto. ler máis